As estrelas son puntos de luz na escuridade.
Seguro que teñen vida propia mais aló do que vemos o xeral da humanidade, que non temos telescopios xigantes nen robots exploradores do espazo, pero para nós, precisan da escuridade para existir, a menos luz ao redor (natural ou artifical) mais e mellor se distinguen.
Para velas temos que levantar a ollada do chan e dirixila mais aló, forzando un pouco a columna nun exercicio de flexibilidade que conleva algunha dor para estes colos sempre contracturados polo estrés do día a día.
Como en todo na vida, nesto das estrelas tamén hai moita diversidade.
Hainas fugaces. Cada ano se deixan ver uns segundos a centos, a milleiros... son un espectáculo esplendoroso e emocionante como as leónidas de novembro que nunca vin (novembro!!) que son realmente restos dun tal Tempel-Tulle incendiandose que se cruzan no camiño da terra, ou as perseidas de agosto que, digan o que digan, non son as faíscas do asado que os romanos fixeron con San Lourenzo nen tampouco as suas bágoas, pero eu paso esa noite na terraza a contalas e a pedir desexos, sen esperanza nengunha de que se cumplan.
Hainas pantasmas. Están mortas pero aínda as vemos, por iso da velocidade da luz. Xa non están aí, o que percibimos é un reflexo de algo que xa non existe. Cando ollas para elas sintes morriña. Preguntome se saberán que están mortas, se o tempo entre a sua morte e a sua desaparición ante os nosos ollos non será, como nesas películas tan de moda, o tempo que precisan para ser conscientes de que xa son cousa do pasado.
Hainas familiares. Agrupadas de a catro ou sete ou dez, metidas nesas casiñas que lles debuxan con forma de carro, de lobo, de dragón... diversión de familias unidas nas noites de acampada, coartada recurrente para ligar ¿funcionaralle a alguén? e distracción para particulares con telescopio caseiro de descanso das investigacións ás ventás da veciñanza (con ou sen escaiola).
Hainas épicas, cómo gosto delas! xuntanse a milleiros na via lactea, forman o noso CAMIÑO, dannos a sensación de que imos a algures, que formamos parte de algo colectivo, somos a galaxia en marcha!.
Dende hai algún tempo fágolle seguimento a unha estrela, primeiro agardaba que se apagara, pola sua intensidade parecía unha perseida e eu non quería facerme ilusións como outras veces. Pero ahí sigue. Cada día máis luminosa, fai que moita xente levante a cabeza e olle cara a ela, escurece estrelas pantasma, pero dalle mais luz ao CAMIÑO. Reclamamos a sua atencion de tantas partes, agardamos tanto dela, esquecemos as veces que só é unha estrela coas suas debilidades e imperfeccións.
Estou pensando en pedir un desexo.

Nenhum comentário:
Postar um comentário