A súa principal característica; o resultado é superior á suma das partes.
Para que sexa posibel ten que existir a conciencia da súa necesidade e o recoñecemento mutuo das capacidades e limitacións de cada parte para incorporarse nesa dinámica cooperativa.
As partes deben observar o entorno, ser capaces de atravesar, coa ollada, o espello, para ver máis aló da propria imaxe reflexada, do localismo miope, para definir con ambición as mellores estratexias para o éxito do proxecto común.
A procura da sinerxia é, ou debería ser, compoñente imprescindibel da acción política.
Unha acción política responsabel olla máis aló buscando as oportunidades reais de benestar e felicidade para a colectividade que representa.
Unha acción política democrática considera á cidadanía parte consciente, capaz de entender as limitacións, e fálalle á xente con clareza, sen medo nen oportunismo.
Unha acción
política ilusionante é autoxenerada, dende o orgullo daquelo do propio que máis pode achegar ao éxito colectivo.
O BNG quere ser esta forma de acción política, autoxenerada, sen obediencias externas, co obxectivo do éxito de Galiza como pais creador de benestar e felicidade para a sua xente.
A Coruña debe ser un dos motores deste proxecto común.
Somos peninsulares vale, pero non, nunca fumos, unha illa no
medio do mar, e non podemos formar parte dunha estratexia suicida de vivir de costas viradas á realidade do pais.
A historia deunos a responsabilidade de manter a Xerión enterrado debaixo da Torre.
Así que reclamo mais para A Coruña.
Nesta nao que é a Galiza en construcción, podemos ser, coruñesas e coruñeses a proa e o mascarón.
Símbolos de futuro e galeguidade.

