Como xa se agardaba pola composición das listas, a nova cámara estatal terá menos mulleres que na anterior lexislatura a pesar da Lei de igualdade.
Un novo desaxuste entre os obxectivos dunha norma e os instrumentos que establece para acadalos dan un resultado desalentador e desmobilizador e, sobre todo, incumple a espectativa creada de ampliación do espazo e o peso político das mulleres.
En primeiro lugar, unha norma que pretende marcar mínimos de participación debese restrinxir a iso: os mínimos. O feito de marcar topes maximos de representación feminina resulta absurdo, non se corresponde coa precaria situación das mais das mulleres militantes nos partidos que, por desgracia, en ningun caso temos a forza ou a capacidade de presión suficiente para copar as listas. Ademais teríanse evitado situacións de provocación por parte de quen impugna a Ley ante o Tribunal Constitucional como resultou aquel acto propagandístico da lista municipal de mulleres en Canarias.
En segundo lugar, os mínimos que marca a norma están por debaixo dos existentes na normativa interna dalgúns partidos, PSOE, IU, BNG ... témonos dotado de obrigas de incorporación de mulleres nas listas internas e externas que, como mínimo nos tres casos que cito, superan os marcados na lei. Estas 'cuotas' marcadas por algúns partidos son resultado de anos de traballo, presión e debates, moitas veces desagradabeis e dolorosos, promovidos polas mulleres feministas que militamos nestes partidos. O establecemento por lei de mínimos inferiores, dá vía libre aos aparatos para utilizala dando un paso atrás. Teño que dicir que só o BNG mantivo as listas cremallera nesta convocatoria eleitoral en todas as circunscripcións nas que se presentaba, entre todos os partidos que teñen representación parlamentaria nesta nova lexislatura.
Por último, son os partidos da dereita e os que non asumen no seu programa os presupostos feministas quen ve mellorada a posición das mulleres no seu grupo, o PP e CIU son os únicos que aumentan a sua representación feminina. Veremos se iso dá mais posibilidades no avanzo das políticas de igualdade no Estado ou supón finalmente un freo... ¿votarían a favor dunha lei de prazos para o aborto?...
Hay por diante unha nova lexislatura na que facer na práctica eso tan bonito de 'revisar os erros' que prometeu quen será presidente do goberno español.
Quedan tamén cousas por facer no espazo de representación, que non se tocaron na lei de igualdade e que se poderían abordar se realmente hai vontade política para facelo como a composición das Cámaras de Comercio e do propio goberno do Estado.
Seguiremos ollando espectantes.
Assinar:
Postar comentários (Atom)

3 comentários:
Concordo co contido das dúas entradas do teu blog. Sobre o primeiro a min tamén me resultou incrible que non se permitisen as manifestacións e concentracións do primeiro de marzo. Pero mais incrible me resultou o conformismo ao respecto, incluso de algunhas organizacións feministas. De seguro que isto non tería acontecido un Primeiro de Maio.
Polo que respecta á segunda das túas entradas as Cortes resultantes do 9-M son mais pobres en moitos aspectos, e tanto no caso da representación feminina como da pluralidade nacional e incluso a ideoloxica en todo o arco da esquerda á dereira. Cada un destes aspectos terá as súas consecuencias: problemas para sacar adiante unha lei de prazos no caso do aborto. Problemas para seguir adiante na construcción dun estado plurinacional. E isto ainda que a chave a teñan as organizacións nacionalistas porque o resultado do PSOE en Andalucia, Madrid ou as Castelas reforzará o discurso centralista das dúas forzas maioritarias. E por último problemas para levar adiante un dircurso desde a esquerda, primeiro porque a inminente crise económica a pagarán como sempre os mais desfavorecidos e segundo porque o arco parlamentario á esquerda do PSOE non parece que estea en moi boas condicións de ser decisivo políticamente.
Saúdos e adiante co teu Blog. Ten moi boa pinta. Desculpas a todos/as pola extensión do meu comentario.
Desculpa, evidentemente onde pon primeiro de marzo quería dicir oito de marzo.
Mui intersantes entradas, Analises, e tamén conclusións políticas, o peor do conto é que non vale de moito xa que pasan olímpicamente de calquer tendencia que non sexa a deles. Saudos e seguir poñendo letras que sempre valen para algo
Postar um comentário