Felipe González acuñou o termo 'sindrome do xarrón chinés' para explicar a situación dos ex-inquilinos da Moncloa : "Somos como grandes xarrons chineses en apartamentos pequenos. Non se retiran do mobiliario porque se supon que son valiosos, pero están todo o rato estorbando".
A resistencia dos políticos a abandonar o sillón, sexa cal sexa o seu tamaño (xarrón chinés, xarra de sargadelos ou borralleiro de buño, en fin, louza variada) a renunciar a esa sensación de poder tan identificada co masculino e que nos ofrece numerosos exemplos na política local, nacional e estatal, non resultaría tan patética aos ollos desta observadora, se non fose polo tremendo contraste coa actitude dos aparatos dos partidos e as veces da propia militancia, de esquecemento e até desprezo con estas estrelas 'caidas'.
A falta de respeito a 'don manuel' mostrada polo grupo parlamentario do PP no parlamento galego que fixo que saira elixido como representante galego no Senado español só cos votos do BNG e o PSOE é un exemplo mais da falta de humanidade da política.
Este paso da condición de imprescidibel, lider indiscutido, portavoz ao caseque ostracismo provoca as veces nos politicos apartados reaccións curiosas rebelde sen causa, abuelito batallas...
E falo
en masculino de maneira conscente porque aínda que non son moi partidaria de considerar que somos mellores en termos éticos ou incluso estéticos que os homes ou non vexo moi claro que haxa unha forma 'feminina' de estar na política, sí que hai unha consideración das mulleres como intercambiabeis (non só na política) asumida por nos mesmas e moita menos resistencia a ser apartadas dos poucos postos de poder que ostentamos.
Foron
moitos os comentarios sobre a marcha de Caldera do ministerio pero non vexo ningún sobre a situación das mulleres que promoveron, xestionaron e se responsabilizaron das politicas de igualdade no 1º goberno zapatero, que teñen nome e apelidos: Soledad Murillo de la Vega, Encarnación Orozco Corpas e Rosa Peris Cervera.
Dende a discrepancia nalgúns aspectos da sua acción de goberno o recoñecemento ao seu
traballo de catro anos duros pero históricos e finalmente positivos para as mulleres.
Neste caso, non grandes xarróns chineses, cecais pequenas caixas de porcelana perdidas nunha mudanza.
A resistencia dos políticos a abandonar o sillón, sexa cal sexa o seu tamaño (xarrón chinés, xarra de sargadelos ou borralleiro de buño, en fin, louza variada) a renunciar a esa sensación de poder tan identificada co masculino e que nos ofrece numerosos exemplos na política local, nacional e estatal, non resultaría tan patética aos ollos desta observadora, se non fose polo tremendo contraste coa actitude dos aparatos dos partidos e as veces da propia militancia, de esquecemento e até desprezo con estas estrelas 'caidas'.
A falta de respeito a 'don manuel' mostrada polo grupo parlamentario do PP no parlamento galego que fixo que saira elixido como representante galego no Senado español só cos votos do BNG e o PSOE é un exemplo mais da falta de humanidade da política.
Este paso da condición de imprescidibel, lider indiscutido, portavoz ao caseque ostracismo provoca as veces nos politicos apartados reaccións curiosas rebelde sen causa, abuelito batallas...
E falo
en masculino de maneira conscente porque aínda que non son moi partidaria de considerar que somos mellores en termos éticos ou incluso estéticos que os homes ou non vexo moi claro que haxa unha forma 'feminina' de estar na política, sí que hai unha consideración das mulleres como intercambiabeis (non só na política) asumida por nos mesmas e moita menos resistencia a ser apartadas dos poucos postos de poder que ostentamos.Foron
moitos os comentarios sobre a marcha de Caldera do ministerio pero non vexo ningún sobre a situación das mulleres que promoveron, xestionaron e se responsabilizaron das politicas de igualdade no 1º goberno zapatero, que teñen nome e apelidos: Soledad Murillo de la Vega, Encarnación Orozco Corpas e Rosa Peris Cervera.Dende a discrepancia nalgúns aspectos da sua acción de goberno o recoñecemento ao seu
traballo de catro anos duros pero históricos e finalmente positivos para as mulleres.Neste caso, non grandes xarróns chineses, cecais pequenas caixas de porcelana perdidas nunha mudanza.

Nenhum comentário:
Postar um comentário